Thursday 09 de May de 2024

III Mercado de Nadal Artesán en Ordes


Pezas calcetadas e de gancho, carteiras e bolsos, sombreiros, todo tipo de roupa, libros, figuras, xabóns, instrumentos musicais, coiro, bixutería e adornos e agasallos para todos os gustos e idades. Tamén pasteis, pastas, doces marroquís e ata pimentón ou peluches feitos a man polos voluntarios e voluntarias da asociación Amigos da Canceira de Ordes Segunda Oportunidade. Todo isto e máis é o que ata mañá domingo, 18 de decembro, poderse atopar na Alameda de Ordes no III Mercado de Nadal Artesán. En total son máis de 20 postos os que permanecerán abertos ata as 21 horas, os cales están a ser visitados por moitas persoas animadas a saír á rúa polos boas condicións meteorolóxicas que se agardan para esta fin de semana.